Tal vez foi o primeiro instrumento astronómico empregado polos sumerios. É un instrumento que permite determinar a posición das estrelas sobre a bóveda celeste
Foi o principal instrumento de navegación ata a invención do sextante, en 1750
En 1608 Hans Lippershey, un fabricante de lentes neerlandés, presenta o seu telescopio, que permite aumentar as imaxes ata sete veces.
Galileo Galilei, en 1609, presentou varias versións do aparello feitas por el mesmo. Galileo logo apuntou o telescopio para o ceo nocturno, sendo considerado o primeiro home a usar o telescopio para investigacións astronómicas.
O primeiro telescopio reflector foi completado en 1668 por Isaac Newton.
O enxeñeiro Robert Goddard lanzou o primeiro foguete impulsado por combustible líquido en 1926. O seu foguete alcanzou unha velocidade de 100 quilómetros (60 millas) por hora e unha altura de 12,5 metros (136 pés).
Este primeiro foguete non entrou en órbita, pero foi o precursor de todas as naves espaciais. O que o distinguiu doutras máquinas voladoras foi que se pretendía que, algún día, fose disparado en liña recta cara ao espazo.
Permite "escoitar" os sons do universo a través de enormes antenas que barren o ceo na procura das ondas de radio que emiten algúns corpos celestes.
O primeiro radiotelescopio do que se ten noticia foi construído polo enxeñeiro estadounidense Grote Reber no ano 1937. Consistía dun espello de metal parabólico de 9 m de diámetro.
Na actualidade, o radiotelescopio individual máis grande do mundo é o RATAN-600 de Rusia, que posúe unha antena circular de 576 metros de diámetro.
O 4 de outubro de 1957, foi lanzado o Sputnik 1 na entón Unión Soviética, en Kazakhstan, preto da cidade de Leningrado. Isto representou o primeiro lanzamento exitoso ao espazo. O Sputnik 1 non era moito máis que un transmisor de radio, pero a súa órbita de 90 minutos ao redor da Terra conduciu a éra espacial.
A cadela Laika, a bordo do Sputnik 2, convértese, neste mesmo ano, no primeiro ser vivo no espacio.
A nave soviética Lúa 1 foi a primeira sonda de exploración espacial. A súa misión fracasou e será a Lúa 2 o primeiro obxecto artificial que alcanza a Lúa. A súa irmá Lúa 3 enviará no mesmo ano as primeiras fotografías da cara obscura do noso satélite.
O mércores 12 de abril de 1961, Yuri Gagarin converteuse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo na nave soviética Vostok 1.
O voo durou 108 minutos en total: 9 minutos para entrar en órbita e logo unha órbita ao redor da Terra; finalmente Gagarin, tras saír despedido da cápsula do Vostok, aterrou en paracaídas.
Xa son máis de cincocentos os astronautas que foron ao espazo diferentes misións, entre eles o astronauta español Pedro Duque. E ti,... atréveste?
A bordo da nave van os astronautas Neil Armstron, Edwin Buzz Aldrin e Michael Collins, o 20 de outubro de 1969, Armstrong y Aldrin alunizaron a bordo do módulo Eagle sobre a superficie da Lúa no Mar da Tranquilidade. Foron os primeiros homes en pisar a Lúa, pero non os únicos, en total foron 12 os homes que pisaron a Lúa a bordo das misións Apolo.
Telescopio que opera no espacio orbitando en torno á Terra superando as interferencias que a atmósfera crea na recepción dos seus telescopios irmáns terrestres.
O “ollo” do Hubble achegounos novedosos e sorprendentes descubrimentos e retratos do Universo, onde a súa beleza só é comparable ao seu misterio.
A historia da Estación Espacial Internacional comezou o 20 de novembro de 1998 e no presente é o obxecto artificial máis grande na órbita terrestre.
É un centro de investigación na órbita terrestre, cuxa administración, xestión e desenvolvemento está a cargo da cooperación internacional.
O proxecto funciona como unha estación espacial permanentemente tripulada, na que rotan equipos de astronautas e investigadores.