Para sabermos mais


Galaxias e Nebulosas

As galaxias son enormes agrupacións de estelas, gas e po. As primeiras galaxias empezáronse a formar 1.000 millóns de anos despois do Big-Bang. As estrelas que as forman teñen un nacemento, unha vida e unha morte.
Hai tres tipos de galaxias, que se diferencian pola súa forma: galaxias elípticas, galaxias espirais e galaxias irregulares.
No Universo hai centenares de miles de millóns de galaxias. Cada unha pode estar formada por centenares de miles de millóns de estrelas e outros astros.
O Sistema Solar está na periferia dunha galaxia chamada Via Láctea. Todas as estrelas que vemos no ceo pertencen a esta galaxia.

As nebulosas son zonas do espacio interestelar compostas fundamentalmente por gases e po cósmico. Algunhas nebulosas son zonas onde se están formando estrelas novas mentras outras son extensións cos restos dunha estrela que xa morreu. [Máis información]

Estrelas e Constelacións

As estrelas son enormes esferas que producen moita enerxía que se emite ao exterior en forma de luz e calor.Igual que as persoas,as estrelas nacen, teñen unha vida e finalmente morren
. Ao estar tan lonxe a luz tarda moito en chegar á Terra e aparecen como simples puntiños de luz. Aínda así hai certas propiedades que diferencian a unhas estrelas doutras: a cor, o tamaño a luminosidade e o brillo.

Desde a antiguedad, o home agrupou as máis de 5000 estrelas visibles en figuras que representaban formas que lles recordaban cousas cercanas culturalmente, son as
constelacións e definen diferentes rexións no ceo nocturno.
Actualmente, a Unión Astronomica Internacional, define 88 constelacións que dividen a bóveda celeste en sectores ben definidos do ceo, de forma parecida a como o fai a división de países sobre a esfera terrestre.

Observando o Cosmos

A observación espacial é moi importante en astronomía, na que a experimentación científica resulta, as máis das veces, moi dificultosa pola imposibilidade de reproducir nos laboratorios da Terra algúns fenómenos que só teñen lugar no Cosmos.

Deixamos atrás as luces da cidade, os ruídos, as présas... Esta colección de imaxes transpórtanos á inmensidade do Cosmos, á beleza do ceo nocturno. Só fai falta levantar a mirada,... e observar.

Comprobamos o aprendido

Mirando as estrelas o tempo pasa de vagar. Chegou o momento de comprobar os nosos novos coñecementos do tema. Ánimo!!

Preme na imaxe para lanzar o cuestionario do tema.