Ao redor da maioría dos planetas viran satélites, de xeito similar a como o fai a Lúa en torno da Terra. Son dun tamaño moito máis reducido que os planetas que orbitan, pero algunhas como Ganímedes ou Titán son máis grandes que o planeta Mercurio.
De xeito semellante a estas lúas, nas últimas décadas puxéronse en órbita unha
gran variedade de satélites artificiais ao redor da Terra e tamén de outros astros do sistema solar. O Sputnik 1, o primeiro satélite artificial posto en órbita terrestre pola Unión Soviética en outubro de 1957.
Actualmente existen ao redor de 3.000 satélites operativos e aproximadamente un total 8.000 obxectos fabricados polo home orbitando ao redor da Terra. O satélite artificial máis grande actualmente en órbita terrestre é a Estación Espacial Internacional.
Chuvia de estrelas
As estrelas fugaces ou meteoros, que son o mesmo, semellan estrelas que rápidamente cruzan o ceo, pero non son estrelas. Unha estrela fugaz é realmente unha partícula de xeo ou po que desde o espazo golpea a atmósfera da Terra. O meteoro móvese tan rápido que se quenta e brilla ao surcar o ceo. A maioría dos meteoros quéimanse na atmosfera antes de que cheguen a terra. Con todo, algunha vez un meteoro é tan grande que chega a sobrevivir e alcanza a superficie da Terra, recibe entón o nome de meteorito.
Mundos por descubrir
Hai científicos que pensan que un planeta todavía sen descubrir podería orbitar nos escuros límites do sistema solar. Imaxínate viaxando ás lúas de Xúpiter ou Saturno para mergullarse nun río de Titán ou no océano subterráneo de Encelado. Cantas cousas aínda por descububrir!
Desde o comezo da era espacial realizáronse numerosas misións non tripuladas de exploración do Sistema Solar, e haberá máis... O primeiro ser vivo no espazo foi a cadela Laika. Os voos espaciais tripulados comezaron hai 50 anos co cosmonauta soviético Yuri Gagarin, logo serían os astronautas americanos quen se sumarían a esta carreira por conquistar o espazo. China uniuse a este selecto grupo e xa ten aos seus primeiros taikonautas e a India anuncia a súa intención de enviar homes ao espazo polos seus propios medios no ano 2016 que recibirán o nome de vyomanautas. Investiga o porqué destes nomes.
Comprobamos o aprendido
Soñando con viaxes espaciais? Chegou o momento de comprobar os nosos novos coñecementos do tema. Ánimo!!
Preme na imaxe para lanzar o cuestionario do tema.