Para sabermos mais


Todo está en movemento

A Terra móvese e faino non só cos movementos de rotación e traslación, ten outros movementos menores como o de precesión
e o de nutación. Pero a Terra non é o único astro que se move...
No universo nada está en repouso. Atopámonos na superficie da Terra, que vira sobre o seu eixe de rotación obrigándonos a describir circunferencias enormes en 24 horas, a Lúa vira en torno a nós.
A Terra, os planetas e demais astros do Sistema Solar orbitan ao redor do Sol; o Sol non permanece inmóbil,desprázase pola galaxia, xirando en torno ao centro da Vía Láctea, arrastrando con el aos outros astros do sistema solar; a Vía Láctea tamén se move e non imos sós, xunto con outras galaxias, o chamado Grupo Local, a Vía Láctea viaxa polo universo a velocidades vertixinosas ao mesmo tempo que o Universo no seu conxunto acelera a súa expansión.

As capas da Terra

O Planeta Terra componse de diferentes capas que se relacionan mutuamente de tal xeito que as modificacións nunha destas partes pode afectar a todo o planeta. Estas capas coñecémolas co nome de litosfera, hidrosfera e atmósfera.
A litosfera corresponde á parte sólida externa da Terra e está constituída pola superficie ou cortiza que inclúe tanto os continentes como os fondos oceánicos. A parte interna da Terra denomínase núcleo, formado por ferro incandescente, con temperaturas superiores aos 4.000 grados Celcius.
A hidrosfera é o conxunto de toda a auga que se atopa na Terra: océanos, mares, ríos, lagos e augas subterráneas.
A atmosfera é a masa de aire que envolve á Terra e está composta de diversos gases, que se estenden desde a superficie ata os 900 km de altitude. Grazas a ela os seres vivos poden respirar e reciben protección fronte aos raios daniños de Sol.

Xa levamos aprendido moitas cousas sobre a Terra e os outros planetas, queres probar os teus coñecementos do universo e le a Terra, Faino con este PasaPalabra.

A Biosfera

A biosfera é a capa do planeta Terra onde se desenvolve a vida. Abrangue zonas das capas da Terra das que falamos anteriormente, a atmosfera aporta osíxeno e dióxido de carbono; a hidrosfera aporta a auga e modera as temperaturas; e a litosfera proporciona sales minerais e o soporte para os seres vivos.
Acada os dez quilómetros de altura e os 8 quilómetros nas profundidades mariñas dos océanos. Con todo, estes son os extremos, en xeral, a capa da Terra con vida é delgada, xa que as capas superiores da atmosfera teñen pouco osíxeno e a temperatura é moi baixa, mentres que as profundidades dos océanos maiores a 1,000 m son escuras e frías.
A biosfera é única e fai único ao noso planeta. Ata o momento non se atopou existencia de vida en ningunha outra parte do universo. Pero que nós non a descubriramos non quere dicir que non exista.

Nestas actividades podes ampliar os teus coñecementos e facer un repaso dos temas que tratamos anteriormente.

Comprobamos o aprendido

Coñecermos mellor o noso planeta é unha tarefa que nos levará o resto da nosa vida... Pero chegou o momento de comprobar os nosos novos coñecementos do tema. Ánimo!!

Preme na imaxe para lanzar o cuestionario do tema.