Para sabermos mais


A exploración da Lúa

Armstrong e Aldrin pousaron os pés hai máis de 40 anos na Lúa . A aventura iniciada co Apolo 11 levou a 12 homes a pisar o noso satélite en sucesivas misións. En total foron 6 as misións tripuladas que alunizaron. Eugene Cernan foi o último ser humano en pisar a Lúa en decembro de 1972. Na actualidade seguen enviándose naves non tripuladas e hai distintos proxectos que planean un futuro alunizaxe.

A cara oculta da Lúa

A Lúa cambia, pero sempre mostra a mesma cara e por moito que o intentemos on seremos quen de ver a cara oculta da Lúa, polo menos desde o noso planeta.
A Lúa é un pequeno satélite da Terra, á que mira constantemente. Está moi preto de nós e por iso hai interacción mutua entre Terra-Lúa.
Aquí a interacción produce mareas, alí sincroniza o xiro. A Lúa vira ao redor do seu eixe, e faio danto unha volta completa sobre si mesma no mesmo tempo que dá unha volta completa en torno á Terra, e por iso móstranos sempre a mesma cara. Unha linda cara, non si?

As mareas

As mareas son subidas e baixadas do nivel dos mares e océanos que se producen varias veces ao longo do día como consecuencia do efecto da gravidade do Sol e, sobre todo, da Lúa, que atraen a auga dos océanos.
A Lúa atrae a auga que está máis próxima a ela. Así, a parte do océano que está cara á Lúa abómbase cara a ela. O Sol tamén atrae a auga dos océanos, pero en menor medida que a Lúa.
A suma destas dúas forzas de atracción explican o efecto das mareas, a auga non se esconde en ningures!
O abombamiento do océano fai que na costa semelle que o mar se retirase pouco a pouco, aínda que sabemos que volverá coa subida da marea.
As mareas non se producen sempre á mesma hora, varían coas fases lunares, xa que a Lúa aparece no ceo a distintas horas.
A altura das mareas tamén varía, e non é a mesma en todos os lugares. Nas fases crecente e minguante, as mareas son máis pequenas e chámanse mareas mortas. En cambio, cando hai Lúa nova e chea, o Sol, a Lúa e a Terra alineanse e as mareas son maiores. Chámanse mareas vivas.
As mareas máis intensas prodúcense en Lúa nova, xa que a gravidade da Lúa e do Sol tiran na mesma dirección e suman.

Comprobamos o aprendido

Canto tempo pasamos ollando a Lúa? Chegou o momento de comprobar os nosos novos coñecementos do tema. Ánimo!!

Preme na imaxe para lanzar o cuestionario do tema.