De paseo pola Terra

 

Escribe un pequeno relato dunha viaxe imaxinaria polo planeta Terra.

Para orientármonos e localizar calquera punto sobre o globo terráqueo, ou nos mapas, trazouse unha rede de liñas imaxinarias chamadas coordenadas xeográficas:
Os Paralelos marcan a LATITUDE (Norte e Sur) do planeta, e os Meridianos van dun Polo ao outro marcando a LONXITUDE (Leste e Oeste).
Agora ti es un extraterrestre desorientado. Propoñémoste que escribas aquí un relato indicando as coordenadas polas que pasarías nunha viaxe imaxinaria.
Logo, cos compañeiros e compañeiras, xoga a ver quen é quen de indicar os países polos que pasaches nesa viaxe polo noso planeta, tendo como única información a latitude e lonxitude dos lugares visitados.

información