Para sabermos mais


Paralelos e meridianos

As técnicas para elaborar mapas foron evolucionando co tempo, pero todos tiñan algo en común, neles era posible establecer a posición de calquera punto do mapa. Este algo en común é o sistema de coordenadas, conxunto de liñas imaxinarias que permiten ubicar con exactitude un lugar na superficie da Terra. Este conxunto de líñas chamámoslles meridianos e paralelos.
Un meridiano é un semicírculo imaxinario que une o polo norte co polo sur. Cada meridiano ten 180º e podemos definir infinitos meridianos. Todos os meridianos teñen a mesma lonxitude. Normalmente nos mapas represéntanse cada 10º ou 15º
O meridiano de referencia é o meridiano de Greenwich, a partir del establecéronse os fusos horarios. e dívidese a esera terrestre en dous hemisferios,180º hacia o Oeste, os que corresponden ao Hemisferio Occidental e 180º hacia o Leste, correspondentes ao Hemisferio Oriental.
Un paralelo é o círculo formado pola intersección da esfera terrestre cun plano imaxinario perpendicular ao eixe de rotación da Terra. Na Terra, como en calquera planeta esférico, por exemplo Marte, podemos definir infinitos paralelos.
A maior latitude que se pode medir é de 90º. Non todos os paralelos teñen a mesma lonxitude. O círculo máximo é o ecuador cunha lonxitude de 40.075 Km.
Os cinco paralelos principais son:
Ecuador ( Latitude 0°). Divide a Terra en dous hemisferios: Hemisferio Norte e Hemisferio Sur.
Tropico de Cancro (23° 26' N)
Trópico de Capricornio (23º 26' S)
Círculo Polar Ártico (66° 33' N)
Círculo Polar Antártico (66° 33' S)

Latitude e lonxitude

Unha vez explicado que son os meridianos e os paralelos é fácil deducir que se pode representar calquera punto da Terra, ou de calquera planeta esférico, como o punto onde se cruza un meridiano e un paralelo. Ese punto está definido pola súa Lonxitude e a súa Latitude.
A Lonxitude é a distancia medida en grados que separa un punto do seu meridiano de referencia. Esta lonxitude debe expresarse como grados cara ao Leste (0-180º L) ou cara ao Oeste (0-180º O) en función de onde estea situado o punto respecto ao meridiano. A Latitude é a distancia medida en grados que separa un punto do ecuador. Esta latitud debe expresarse en grados cara ao Norte (0-90º N) ou cara ao Sur (0-90º S) en función de onde estea situado o punto respecto do Ecuador.
Practica un pouco con estes exercicios de xeolocalización.
Nesta presentación podes repasar os conceptos que levamos estudado.

As escalas

O que se representa nun mapa non se atopa desordenado ou ao azar. As representacións realízanse establecendo unha relación entre a extensión e a localización real dun lugar e a súa representación no mapa. Esa relación é a escala.
Todo mapa debe de indicar a escala á que está feito, xa que é o único xeito de saber o tamaño do que se está representando. Para calcular a distancia real debemos medir a distancia nun mapa e multiplicala pola escala.
Segundo a extensión do espazo que queremos representar ou a finalidade do mapa ou plano, usaremos unha escala maior ou menor.
Na maioría de mapas podemos atoparnos dous tipos de escalas: a escala numérica e a escala gráfica.
A escala numérica é a relación entre a distancia que se representa no mapa e a distancia que lle corresponde no mundo real. Exprésase da seguinte forma: 1:5.000, 1:50:000, 1:100.000, 1:1.000.000. A Escala Gráfica é unha regra graduada que nos permite calcular diferentes distancias de xeito máis rápido sobre o mapa, pero menos precisa que a escala numérica.
Agora dous exemplos onde a escala mostra a súa importancia.
O primeiro Google Maps, nesta web permite coñecer a escala das rexións que se visitan, pois a escala cambia a medida que se amplía ou reduce a vista.
Con The Scale of the Universe 2 poderemos ir desde a unidade de escala máis pequena coñecida, ata a última barreira coñecida pola humanidade: o universo observable.

Comprobamos o aprendido

Procura orientarte ben que chegou o momento de comprobar os nosos novos coñecementos do tema. Ánimo!!

Preme na imaxe para lanzar o cuestionario do tema.