• Menú
O Universo
Un sistema planetario

O sistema solar é un sistema planetario da galaxia Vía Láctea que se atopa nun dos brazos desta, coñecido como o Brazo de Orión.
Un sistema planetario é aquel formado por unha estrela central,ou varias, e distintos astros orbitando a seu ao redor. O noso sistema planetario, o Sistema Solar, está formado polo Sol, oito planetas e os seus satélites, e unha multitude de astros menores.
Os astros do noso sistema solar non apareceron da nada. Eran parte dunha enorme nube de gas e po. A gravidade reuniu moitos materiais no centro para crear o Sol. Os residuos viraron ao redor do Sol , colisionaron entre si e, nalgún caso, acadaron suficiente gravidade e formaron planetas,...

O Sol, unha estrela anana amarela

O Sol é unha estrela máis ben pequena cuxa superficie está a case 6.000 grados. Todos os corpos do Sistema Solar orbitan en torno ao Sol polo que se lle considera o centro do sistema solar.
5.000 millóns de anos ten esta anana amarela, e cando transcorran outros 5.000.000.000 de anos, a nosa anana amarela converterase nunha xigante vermella que arrasará os corpos máis próximos do Sistema Solar.
Morrerá como unha estrela anana branca, unha vez esgotado todo o seu combustible, e probablemente forme unha fermosa nebulosa planetaria, ao expulsar ao espazo unha grande parte da súa masa. .

Os planetas do Sistema Solar

Un paseo polo sistema solar para coñecermos os planetas?
Mercurio, Venus, a Terra e Marte son coñecidos como planetas interiores, son de reducido tamaño, sólidos e ningún ou poucos satélites. Máis aló do cinturón de asteroides están os planetas exteriores, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, que son grandes, gaseosos e teñen un número de satélites máis elevado.

A sonda espacial Kepler, da NASA, despegou o venres 6 de marzo de 2008 desde Cabo Cañaveral, Florida, nunha misión cuxo obxectivo é achar planetas similares á Terra que orbiten outras estrelas. Os seus decubrementos axúdannos a coñecer mellor o Cosmos e a indagar nas orixes da nosa propia existencia.
Verdadeiramente é engaiolante o que descubrimos día a día que está aí fóra.
Proba os teus coñecementos do sistema solar con este encrucillado planetario.

Outros astros no vecindario.

O Sistema Solar está composto por moitos máis corpos celestes. Ademáis do sol e os planetas, no sistema solar atopamos outros astros como os satélites, os planetas ananos e unha multitude de corpos menores como cometas, asteroides e meteoros.
Entre os planetas interiores e os exteriores atópase o cinto de asteroides, que son unha grande cantidade e astros de pequeno tamaño, rocosos e xeados. O astro máis grande do cinto de asteroides é Ceres.
Ceres é un planeta anano, como Plutón, Haumea, Makemake e Eris. Estes catro últimos planetas enanos son obxectos transneptunianos, por estaren máis lonxe que Neptuno. Nesta zona atopamos o cinto de Kuiper, composto de asteroides e nos límites do sistema solar,a nube de Oort.
Repasa a información sobre os diferentes astros do Sistema Solar e logo continúa coas actividades da unidade.