• Menú
O Universo
O planeta azul

O noso planeta, a Terra, é o terceiro planeta do Sistema Solar, é un planeta rochoso e xunto con Mercurio, Venus e Marte forma o grupo dos planetas interiores, dos cales é o máis grande.
A terra presenta varios movementos na súa viaxe anual ao redor do Sol. Os máis coñecidos son o movementoRotación e o movemento de Traslación.
Os mares e océanos cubren aproximadamente o 70% da súa superficie e, xunto cos gases da atmósfera, son os responsables da cor que o caracteriza.
É o único planeta coñecido que ten vida, aínda que algúns dos outros planetas teñen atmosferas e conteñen auga.

A rotación da Terra
No movemento de Rotación, a Terra dá unha volta sobre si mesma en 24 horas, e dicir no que denominamos un día, virando sobre un eixe imaxinario que pasa polos polos.
O movemento de rotación é a razón da diferencia horaria entre distintos lugares da Terra.
No seu movemento de rotación xira en dirección Oeste-Este producindo a impresión de que é o ceo o que vira ao redor do noso.

O movemento de traslación

A Terra, ao igual que os outros planetas, vira describindo unha órbita elíptica ao redor do Sol, a uns 150 millóns de km en, aproximadamente, un ano. A este desprazamento coñécemolo co nome de movemento de traslación.
A duración desta orbita ao redor do Sol é de 365 días e seis horas. Cada ano contamos só 365 días, as seis horas restantes súmanse cada catro anos, dando lugar a un ano bisiesto, cunha duración de 366 días.
Estes movementos de traslacion e rotación no son exclusivos do planeta Terra e moitros outros astros presentan movementos semellantes.
A outra grande consecuencia do movemento de traslación é a sucesión das estacións.
É un erro pensar que é verán cando a Terra é está máis preto do Sol, e será inverno cando se alonxe. As catro estaciones están determinadas por catro posicións na órbita terrestre no seu xiro ao redor do Sol, que reciben o nome de solsticios e equinoccios. O solsticio de inverno o 22 de decembro, equinoccio de primavera, en torno ao 21-22 de marzo,o solsticio de verán o 21 de xuño e equinocio de outono en torno ao 22-23 de setembro.

Un planeta cheo de vida

A Terra ten unhas características que favorecen o desenvolvemento da vida.
Ten moita auga en forma de líquido, xeo ou vapor. Tamén ten aire, con osíxeno ou o dióxido de carbono. Os seres vivos da Terra necesitan estes gases e a auga para vivir.
É un planeta templado. Na Terra non vai nin demasiada calor nin demasiado frío para os seres vivos.
Grazas á atmosfera rica en dióxido de carbono, vapor de auga, e a axuda do sol é posible que a vida xermine en solo terrestre permitindo que este planeta sexa diferente a todos os demais do sistema solar cunha grande diversidade de seres vivos: microorganismos, animais, plantas, e o ser humano, que ten a capacidade de transformar artificialmente o planeta.