• Menú
O Universo
A lúa da Terra

“Creo que a lúa é aquela cousa
que está no teito da noite”

Celso Emilio Ferreiro ->

A Terra posúe un único satélite natural, a Lúa, que comezou a orbitar a Terra hai 4530 millóns de anos.
A súa órbita en torno á Terra é case circular e dura preto de 28 días. A Lúa está a unha distancia enorme da Terra, a 384.400 quilómetros!!
A Lúa é o quinto satélite máis grande do Sistema Solar e o único corpo celeste no que o ser humano realizou un descenso tripulado.

Satélites planetarios

Denomínase satélite natural a calquera corpo celeste que orbita ao redor dun planeta. Normalmente o satélite é moito máis pequeno e acompaña ao planeta na súa evolución ao redor do Sol. A Terra ten só un satélite natural, a Lúa e por extensión, chamamos tamén lúas aos satélites doutros planetas.
Ao redor da maioría dos planetas viran satélites, de xeito similar á Lúa en torno da Terra Os diferentes planetas posúen distinta cantidade de lúas, e son máis numerosas nos planetas exteriores que nos interiores. Non se coñecen lúas en Mercurio nin en Venus.
Na actualidade, no sistema solar, hai identificados 178 satélites naturais, e o número vai aumentando,xa que os astrónomos seguen atopando novas lúas.

As fases da Lúa

A Lúa no seu xiro ao redor da Terra presenta diferentes aspectos visuais segundo sexa a súa posición con respecto ao sol. Son as fases lunares
.Cando a Lúa está entre a Terra e o Sol, ten orientada hacia a Terra a súa cara non iluminada (Novilunio). Unha semana máis tarde a Lúa deu un cuarto de volta e presenta media cara iluminada (Cuarto Creciente). Outra semana máis e a Lúa ocupa unha posición alineada co Sol e a Terra, polo que desde a Terra podemos ver toda a súa cara iluminada (Plenilunio ou Lúa Chea). Unha semana máis tarde prodúcese o cuarto menguante. Ao cabo de catro semanas estamos outra vez na Lúa Nova.

Os eclipses

Un eclipse é un fenómeno que ocorre cando a luz procedente dun corpo celeste é bloqueada por outro, isto pode suceder en calquera outro lugar do Universo.
Os eclipses que involucran á Terra ocorren cando o Sol, a Lúa e a Terra se atopan en posición alineada e poden ser de dous tipos, eclipse de Lúa e eclipse de sol.
Un eclipse lunar prodúcese cando ela, no seu movemento ao redor da Terra, atravesa a sombra do noso planeta impedindo que a luz do Sol ilumine a superficie lunar, e dicir a Terra interponse entre a Lúa e o Sol. O eclipse solar dáse cando a Lúa interponse entre a Terra e o Sol.
É o eclipse máis espectacular pero é bastante excepcional, podéndose observar só en determinadas rexións do mundo, e poida que non vexamos ningún en toda a nosa vida.
Por se acaso, o mellor é consultar esta táboa para saber cando será o vindeiro.