• Menú
O Universo
A Terra, unha esfera imperfecta

A Terra semella unha esfera, achatada polos polos e ensanchada polo Ecuador.
Para representala utilizamos o globo terráqueo, unha esfera en cuxa superficie aparece representada a disposición que as terras e os mares teñen no planeta Terra.
Trátase dun modelo trdimensional a escala do noso planeta que se usa con fins científicos e educativos.
Aquí está o meu tesouro. Falade co mestre ou a mestra e organizádevos para levara adiante unha aventura por google maps. Axudade a Hugo na procura do tesouro do seu avó

Navega ao redor do mundo con Flash Earth. Podes realizar zoom sobre as zonas que exploras ou utilizar o buscador para acceder á zona desexada.

A cartografía

A cartografia é a ciencia que trata da representación do planeta Terra sobre un plano ao cal chamamos mapa, entón...
Un mapa é unha representación, xeralmente realizada nunha superficie plana, de toda a Terra - planisferio ou mapamundi- ou partes da mesma, mostrando un grupo de características concretas relativas ao seu tamaño e posición xeográfica.
E posible que precises un repaso a algúns conceptos estudados con anterioridade e un adianto doutros aspectos que imos estudar neste tema.
Aquí tes algúns mapas interactivos en galego onde podes repasar, ou aprender moitos elemntos xeográficos.

As proxeccións

Ao ter a Terra unha forma esférica, representala sobre un plano, sen deformala, é xeométricamente imposible. En cartografía, este problema resólvese mediante as proxeccións.
O planisferio terrestre ou mapamundi constitúe unha representación de tipo cartográfico baseada na superficie do noso planeta Terra. Este mapa reproduce a escala sobre un plano o resultado dunha proxección xeográfica da esfera terrestreque pode verse modificada pola concepción cultural do mundo. En soporte dixital se poden incluir capas informativas sobre diferentes aspectos como clima, poboación, linguas,... E se necesitas un mapa mudo
Son moitos os conceptos novos que estamos a traballar, aquí tes unha ampla documentación sobre proxeccións e outros conceptos cartográficos.

Os puntos cardinais

O movemento de rotación que realiza a Terra dá lugar a catro direccións que, nun plano cartesiano, permiten determinar unha posición.
Son os catro puntos cardinais: Norte - ( eixe de rotación terrestre) e Leste - Oeste (saída - ocaso do sol). O Norte indica a ubicación do Polo Norte, mentres que o Sur fai o propio co Polo Sur. Por outra banda, o Leste ven a indicarnos a dirección por onde sae o sol, namentras o Oeste indicaranos por onde se oculta o astro rei.
A estrutura dos puntos cardinais permite crear unha especie de cruz á que chamamos"rosa dos ventos", que se emprega como orientación para navegar. Se dividimos os angulos formados polas liñas N-S e L-O polas bisectrices, obteremos direccións que se sitúan entre un punto cardinal e outro: noroeste, noreste, suroeste e sureste. Comproba se o entendes?
Un compás ou agulla de marear é un instrumento de navegación para atopar direccións na Terra. O compás está composto por unha agulla magnética na horizontal, suspensa polo centro de gravidade, que se aliña de maneira precisa co campo magnético da Terra. O Norte magnético da Terra non se corresponde exactamente co Norte xeográfico, pero serve para orientarmonos.